Marcho... pero voltarei
Como é característico nestes meses, moita xente marcha de vacacións, pois eu, para non ser menos, tamén me vou, pero ó revés, é dicir, mentres que todo o mundo marcha cara a praia (onde vivo habitualmente) eu emigro cara o interior, cara unha "aldeíña" de non máis de 100 habitantes escapando do mundanal ruído, voume para Bentraces, un paraíso terreal, máis ben coñecido polo Pazoque se encontra no medio do pobo, convertido nunha casa rural desde hai uns sete, oito anos.
Non é porque sexa meu pobo, pero é ben bonito!! Non só conta con aloxamento, senón tamén co restaurante a Rexidora, premiada pola guía Michelín.
Nada máis, só desexar que todo o mundo pase un bo verán, e coidado co coche que xa falta pouco para o carnet por puntos e nós, os da L, que só temos 8 puntos a ver como lle facemos...




manuel reza villanueva dijo
tienes razón. tu pueblo es precioso. se parece mucho al mio. un saludo.
8 Septiembre 2006 | 12:04 AM