Para que aprendan ...
Este post vai dirixido a unhas "quridísimas" compañeiras de clase (non vou dar nomes porque despois se cabrean) que se mofan polo uso da palabra "ROLLA". Cren que é invención miña, froito de mutacións lingüísticas que ocorren por Ourense.
QUE VALENTE É A IGNORANCIA!
Buscando nun dicionario de galego virtual encontreime cunha "sorpresiña": que existe a palabra rolla; é aceptada pola Real Academia da Lingua Galega.

Chicas! A partir de agora xa podedes usar un novo sinónimo para trapo, paño, e demais... Agora creo que é a época de rolla. Espero que a incluades no voso vocabulario por consideración a min.
Outra advertencia, non se pronuncia "roia" como unha que eu sei; senón ROLLA con ll, que ten dereito como as demais letras.
Sen mais, queridas compañeiras espero que haxa escritos de disculpas pola vosa falta de coñecemento da lingua galega. Saúdos.

