Historias con final feliz?Os sims como protagonistas
Un día buscando por Internet un lugar novo para descargarme obxectos novos para os Sims, decateime dunha web na que ofrecían unhas pequenas historias protagonizadas polos Sims; foi en www.decorgal.com, no que ademais de "downloads míticos (roupa, xenética, obxxectos...) ofrecían pequenos cortos protagonizados polos sims. Creo (non estou segura) que existe un programa especial para facer iso; se alguén o coñece que me escriba porque me gustaría probar.
Colgo aquí un vídeo desta páxina (Strange and beautiful)que me pareceu o mellor, ou polo menos o máis emocionante de toda a colección que ten. Visiten a páxina, non ten desperdicio.


refor dijo
Fantástico xogo e unha música moi emotiva; hasta nos xogos se enamoran...que bonito é o amor! O dito, tesme que pasar o xogo SÍ ou SÍ. O home soñaba tódolos días con ela...seguro que a acabou conseguindo.
11 Mayo 2006 | 05:33 PM