Creacións patentadas será a solución?
Visitando determinadas páxinas encontreime coa cuestión de que unhas lle rouban os “meshes” a outras o que vai derivar en que moitas deles cerren as descargas gratuitas. Xa encontrei exemplos: un é a páxina www.hnote.net na que se ofrecían roupas moi “fashion” para os sims masculinos que cesou a súa producción por este motivo: outra é www.xmsims.com que denunciou o roubo que está sufrindo no seu Home.

Non sei o porqué desta situación, penso que a esencia de que haxa “downloads” en Internet sexa para facer máis amena a partida, a min que máis me da se o mesh é creada por un que por outro! Así que o que hai que facer é que se ti queres facer un “recolor” e ofrecelo na túa web, deberías darlle o mérito aquel que leva o traballo de facer o “mesh”. Exemplo disto é www.Modthesims.com que te remite á páxina que realizou a creación.
Sexamos sinceros, por favor, roubar creacións non é ético! Imos chegar ó punto de que vai haber que patentar as ideas para que desapareza isto!


marga dijo
que lle den os xogos de pc mamalon
24 Abril 2006 | 05:07 PM