A nova estratexia de Maxis
Xa non é suficiente que aproximadamente cada seis meses salia unha nova expansión: Os Sims Universitarios, Os Sims Noctámbulos, Os Sims Abren Negocios cun prezo aproximado de 30€; agora toca turno dos CD´s con accesorios cun prezo de 15€ (a metade das expansións)
O pasado 19 de abril saíu á venda o primeiro Sims con accesorios no que obviamente fai falla ter o primeiro Sims que custa uns 60€. Aquel que teña por costume ter todo o referente ó xogo non dubidará en mercalo; non obstante, hai que ter en conta que gastamos 15€ por cen obxectos que podemos conseguir por Internet grazas ás aportacións de numerosos usuarios (desde aquí fago mención que se alguén sabe de como crear obxectos para ofrecelos na rede, que me guíe pois gustaríame contribuír)

Esta nova iniciativa pódese considerar unha nova estratexia de Maxis para manternos enganchados ó consumo dos Sims (pois en ocasións pode chegar a aburrir) con pequenas actualizacións? Hai que recoñecer que fai ilusión que cada certo tempo saia algo novo do teu xogo favorito, aínda que sexan 60 simples obxectos (pois eu xa merquei a “expansión”)


repu dijo
mira que eres pervertida todas as fotos que tes no espacio son de sims en posicións eróticas
25 Abril 2006 | 11:36 AM