Publicidad:
La Coctelera

Unha aprendiz máis na Publicidade

Catro anos me esperan... a ver se aprendo algo...

23 Abril 2006

Product-placement, unha forma de publicitar pero sen anuncios

Desde a aparición do mando a distancia parece ser que os anuncios que se emiten durante a programación están sendo menos eficientes, (o archicoñecido zapping ; cambiamos de canal cando é hora dos anuncios, aínda que todos as series e demais se poñen deacordo para deixar paso ós mesmos) pois xa hai tempo que diseñaron unha nova forma de amosarnos os productos: o chamado Product-placement.

Como moitos saberán o product placement é unha técnica publicitaria que non aparece como publicidade mesma, nin sequera mencionada, senón que se basea en incluír un determinado producto nun contexto ou nun espazo non publicitario de programas, series, videos musicais, cine, reality shows e videoxogos entre outros. Pódense diferenciar dous tipos de product-placement:

- Activa: o personaxe fai alusión directa ao produto ou servizo e destaca caraterísticas ou bondades deste.

- Pasiva: aínda que o personaxe non interactúa co produto, este está presente na contorna e ata no contexto. É o máis frecuente nas series, cine, videoxogos, videos musicais e reality shows.

Como a publicidade testemuñal, o product-placement, ademais de relacionar o produto cun contexto, establece unha asociación coa personalidade de quen interactúa co mesmo para producir unha "identificación" entre a marca e o actor. Esta técnica fíxose popular na película O show de Truman.

En canto as súas vantaxas dise que lle gaña en atención (non estou moi deacordo) á tanda de comerciais e ó zapeo e ten menores costos de produción.

Exemplos desta técnica publicitaria aparecen no cine relacionado en moitas ocasións coa na promoción de automóbiles ou equipamiento electrónico de todo tipo, como o caso de Matrix ou Cellular co 6600 como protagonista.



Unha pregunta que se plantexan moitos é: resulta eficaz, en España, o product-placement visto en películas?

Nas series a cousa non se limita só a móbiles ou a coches, vai máis alá ata o punto de que hai un uso abusivo da mesma e en aumento, segundo o último estudo que o Instituto Sofres elaborou sobre o impacto na audiencia e a valoración económica do product-placement .

En Aquí no hay quién viva só hai que ver a cabeceira da serie para ver o gran cartel de ONO que o edificio ten no teito(uns temos antenas, outros carteles).

Ou en Los Serrano que a cionsolidación de Pepe como actor foi grazas a que tiña que anunciar a marca para comida de mascotas, Pedigree

Sen embargo hai que dicir que non todo produto que se vexa nunha serie pode ser considerado product-placement; un exemplo ocorreu en House coa Nintendo DS.

Por último, quero plantexar unha cuestión: somos conscientes deste fenómeno cando estamos vendo a serie, a película ou o que sexa e, que efecto fai en nós? Eu penso que hai que estar especialmente atento á programación (sen facer nada máis) para poder decatarse "deses pequenos detalles"; outra cousa diferente é se este tipo de publicidade incide na nosa conducta incitándonos á acción (obxectivo de toda a publicidade)

servido por beafeijoofdez sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de beafeijoofdez

Unha aprendiz máis na Publicidade

ver perfil »
contacto »
Boas, son Beatriz, Beuchi para os amigos. Teño 18 anos (case 19), son de Orense (a moita honra), pero resido en Vigo. Estudio Publicidade e RR.PP na Facultade de Pontevedra. A miña nova afición: o blogging, pero sen excesos; xa sabedes, os extremos son sempre malos (xa o decía Aristóteles). Free Hit Counters
Free Hit Counters Subscribe with Bloglines ecoestadistica.com

Fotos

beafeijoofdez todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera