Publicidad:
La Coctelera

Unha aprendiz máis na Publicidade

Catro anos me esperan... a ver se aprendo algo...

23 Abril 2006

PrOdUcT-PlAcEmEnT... nos Sims?

Como xa expliquei no post anterior o que era o product-placement, agora podémonos centrar nos videoxogos, mellor dito nos Sims.

A cousa está ben clara: que é o que lle rouba tempo á televisión na xente nova (de 10 a 20 anos aproximadamente)?? A resposta é ben sinxela: o ordenador; ou ben en Internet (para iso xa hai un despliegue publicitario neste medio) ou ben xogando (está ben, pode haber un pequeno porcentaxe que estea traballando).

En consecuencia, os videoxogos convertíronse no novo vehículo de “amosarnos” os produtos a través dos nosos personaxes virtuais que controlamos.
Exemplos que encontrei en Internet son:
- Na última versión do CSI, coa tarxeta VISA
- En Tomb Raider, co uso do famoso Jeep

E, nos Sims? Desde a miña experiencia podo afirmar que os meu personaxes, poden vestir de marca: Nike, Adidas, Lacoste,. Ralph Lauren, Pepe Jeans... ou os famosos tenis Puma, Converse... ata a euforia dos deportes como o fútbol e a Fórmula 1 chegan ó xogo.

E, desde que Maxis sacou a segunda expansión (Los Sims 2, Noctámbulos) na que os Sims poden andar en coche, non é raro que poidas acceder a un Mercedes, a un BMW, a un Fiat, a un Audi, a un Porsche, a un Mini, a un New Beeatle...

Por último, cabe aclarar unha cousa: pódese considerar a isto product-placement se son os usuarios do mesmo xogo que mediante ferramentas de creación fan que a vida dos nosos Sims se asemellen á realidade? Os elementos das fotografías son descargas de www.modthesims.com e www.vitasims.com. Non obstante, dou fe de que hai algúns de que si, un exemplo claro é o de Fiat, no que a páxina oficial dos Sims ofrecía a descarga.

servido por beafeijoofdez sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de beafeijoofdez

Unha aprendiz máis na Publicidade

ver perfil »
contacto »
Boas, son Beatriz, Beuchi para os amigos. Teño 18 anos (case 19), son de Orense (a moita honra), pero resido en Vigo. Estudio Publicidade e RR.PP na Facultade de Pontevedra. A miña nova afición: o blogging, pero sen excesos; xa sabedes, os extremos son sempre malos (xa o decía Aristóteles). Free Hit Counters
Free Hit Counters Subscribe with Bloglines ecoestadistica.com

Fotos

beafeijoofdez todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera