O Periodismo, unha carreira con saída?
Como xa apuntou moita xente nos seus blogs, a clase do pasado martes impactounos a todos un pouco: chegounos a información a través do profesor Martí que empresas internautas andan buscando personal para ocupar postos de xestión de información e non os encontran. E logo todos eses periodistas, técnicos deseñadores que andan botando currículums en todas as empresas existentes non sirve? Como mencioniou a miña compañeira de clase Laura María ou hai unha falta de comunicación entre ámbolos sectores (pouco probables) ou este excesivo ofrecementos de postos é un tanto quimérico escondendo algo descoñecido para nós na escuridade (posiblemente sexa o feito de que non queren pagar excesivos salarios: a un licenciado hai que atribuílo en maior grao que a outro que non teña ningún título universitario)
Esta situación dáse pola afluencia dos blogs corporativos, tomemos como referencia LastInfOO e Weblogs SL, nos que na súa plantilla non hai un só periodista, un só deseñador, nen un mísero técnico.
LastInfOO é un “periódico-online” pero sen periodistas, como xa se mencionou, que se actualiza cada minuto todos os días do ano. Póñenlle o nome de periódico pero na realidade é unha máquina que está programado para concentrar toda a información dun determinado tema. É moi barato, pois só hai que manter a unha simple máquina e é efectivo, pois empresas como Sanitas xa contan cos seus servizos. Resumindo aseméllase a un buscador (google, yahoo) onde pós unha palabra clave e aparécenche todos os temas relacionados. Como ocorre en todos os buscadores, cólase moita información que ó usuario non lle interesa, non tendo tempo este de revisar todos os posts, porque dito coloquialmente, non acabaría na vida; esto derívase, como xa se mencionou, pola inexistencia de profesionais que seleccionen a información.
En cambio, Weblogs SL utiliza xa a xente de carne e oso para xestionar os k-blogs (blogs dentro dun mesmo organizados por coñecementos, seccións: cine, motor, economía actualizados cada día) que ofrece este blogger. Neste caso non só xestionan a información senón que elaboran a súa propia información. Sen embargo, tampouco contratan a un periodista, prefiren xente nova que se “navegue como peixe pola auga” a través dos blogs.
LastInfOO e Weblogs Sl son dúas estratexias empresarias bastante innovadoras, pois o seu negocio está sustentado no medio de comunicación do século XXI por excelencia: Internet; pero cal das dúas perspectivas triunfará? Obxectivamente creo que converxerán pois LastInfoo precisará de persoas de carne e oso para xestionar, selecionar esa excesiva información que a “máquina” busca e Weblogs precisará dunha desas “máquinas” pois os seus empregados non son robots e non poden traballar 24 horas do día actualizando os k-blogs.
Non obstante, desde a miña opinión prefiro Weblogs SL xa que polo menos empregan persoas de carne e oso, dándolle traballo a xente a pesar de que non sexan periodistas, que para ó meu ver tiñan que desempeñar ese traballo, senón para que estudaron 5 anos?

