Como reflexión da clase práctica do pasado martes de Deseño, procederei a facer unha pequena comparación entre a Voz de Galicia en soporte papel, en soporte dixital e dun diario bloggero de cine que visito con asiduidade www.blogdecine.com

En primeiro lugar, a Voz de Galiciaimpresa que ofrece as seguintes características:
- un menor cansazo á hora de ler; non tes que estar pendente dunha pantalla dun ordenador que cansa a vista ademais no que a lectura tende a sufrir pausas pois o lector pérdese na observación
- formato coñecido por todos, a disposición das noticias é predicible
- amosa imaxes ó lado de cada noticia
- cercanía: ofrece noticias que ocorren no ámbito (máis se se acada a edición da bisbarra)
- ofrece unha panorámica do que aconteceu no mundo o día antes.
- Ven acompañado dunha portada onde resalta as noticias importantes do día
- Da traballo non só o que xira en torno a redacción, senón ás imprentas, a distribución, ós kioskos...
- obxectividade na información
Como contraposición, podemos engadir:
- o usuario ten que pagar para lelo
- está desfasado: ofrece noticias xa do día anterior
- para conseguilo hai que desprazarse
- excesiva importancia a temas políticos, nacionais... (pouco interesan ós novos)

En segundo lugar, destacamos a Voz en dixital no que hai que destacar:
- actualizacións das noticias cada pouco
- acceso gratuíto e libre
- disposición das noticias de forma intelixente (arriba na páxina noticias importantes tanto por cercanía ou por impacto; ademais nesa portada ofrecen sempre a imaxe cambiante dunha nova curiosa)
- menú por seccións o que permite un fácil acceso (cun só click)
- interacción a través de temas propostos, foros , debates...
- hemeroteca virtual
- cercanía (o tempo da nosa cidade, a cartelera dos nosos cines...)
- hipertexto: referencia a outras páxinas web
- obxectividade na información
Sen embargo, ofrece as seguintes desvantaxes:
- na redacción coas noticias grande semellanza co papel: noticias moi largas que cansan ó lector
- excesivo vínculo en distintas ventanas saturando o ordenador do usuario: esta situación é debida a que cantas máis páxinas vistes da web, máis beneficio
- pouca calidade como páxina web (poucos servizos interactivos): limítase, como xa se mencionou, a foros, pequenos debates...

Centrándome nesta ocasión no blog que suelo frecuentar www.blogdecine.com quero citar as vantaxes que me ofrece:
- principalmente un tema que me interesa
- ó ser un formato estritamente electrónico ten ben asimilado o mesmo. Así ofrece vínculos acertados de información ou complementación; neste caso , por exemplo cando fala da estrea da película española “Volver” de Pedro Allmodóvar, o redactor remite ó lectro a outra dirección web onde se explica perfectamente a sinopse do film
- linguaxe coloquial: sinxelo de entender
- debido a experiencia no medio: deseño sinxelo: ó alcance de calquera usuario
- 100% actualizada: noticias do tema totalmente recentes, ata o punto de ser os primeiros. Por exemplo, neste momento estase a celebrar o festival de Málaga o que se segue desde esta páxina pormenorizadamente
Non obstante hai que recoñecer:
- monotemático: unicamente se trata o tema do cine
- como consecuencia, perigo de caer na repetición
- debido ó seu éxito, algunhas veces saturada a entrada ó blog
- céntrase en películas coñecidas a nivel xeral, pouca atención a aqueles films minoritarios
- os artigos non aparecen ordenados por importancia temática

Por último, gustaríame aclarar que o feito de que os blogs (ata certo punto diarios dixitais) non empregan periodista, nin deseñadores, nen técnicos... decántanse por xente nova con experiencia bloggera reducindo a expresión, ó meu parecer, a un comentario máis dunha persoa en particular (neste caso dun traballador dun blog). Por iso, a pesar das súas vantaxes, non podo considerar no mesmo nivel que a un diario dixital (máis profesionalidade) pois este dispón de periodistas, técnicos, deseñadores que requiren cinco anos de formación para acadar un título e ser despois desbancados dos seus postos do traballadores por unha mocidade que unicamente coñece o funcionamento dun blog. Xente que leva estudando toda a vida tamén pode aprender. A partir dese momento, ó mellor poderase falar de blog – diario dixital