Publicidad:
La Coctelera

Unha aprendiz máis na Publicidade

Catro anos me esperan... a ver se aprendo algo...

13 Marzo 2006

As cousas nunca son o que parecen (Parte I)

- Hai cosas que nunca son lo que parecen –
- Ya sabes que no mentiría sobre la paternidad de Richard –
- Sé que no eres totalmente sincero.......... –
- Pero....., ¡por favor! Creéme....... –

O filme era pésimo, realmente aburrido, só interesante para alguén cunha depresión ou novela-dependencia aguda. Iso é o que estaría matinando Anxo. Non sabía moi ben o porqué, pero sabía que a súa viaxe de Barcelona a Vigo era unha tolería. A fin e ó cabo, posiblemente nunca conseguira o seu propósito. Mirou o reloxo. Eran as 18.35 do 15 de Xaneiro de 2003.

- Señores pasajeros, por favor comprueben sus cinturones de seguridad, en breves momentos tomaremos tierra en el aeropuerto de Peinador, en Vigo -

O avión aterrou, e nada máis baixarse, a humidade e chovisca envolveron o corpo de Anxo. Sentía a friaxe na súa cara, e camiñou con paso rápido con dirección á terminal do aeroporto a recoller a súa equipaxe. Coa súa maleta na man, rodando polo chan, dirixiuse cara á parada dos taxis, e colleu o primeiro da ringleira.
- ¿Onde o levo, señor?
- A Rosalía de Castro, 32.
- De acordo, señor.
O taxista non era moi falador, máis ben non dicía nin verba. Foi algo que Anxo agradeceu de sobremaneira. Despois de case 25 minutos, o taxista deixouno onde Anxo lle indicara. Coa axuda do conductor colleu a maleta. Buscou no peto unhas chaves e abriu o portal, e dirixiuse ó ascensor. No traxecto botou unha visual ó buzón. Había abundante correo naquel momento, pero Anxo desistiu de busca-la chave. Chegou ó elevador e pulsou o número 5. Chegou arriba, e parou diante da porta D. Atopou a chave de seguridade e abriu. Entrou dentro e pechou a porta. Levou a maleta ó cuarto principal e volveu ó salón. A mirada de Anxo concentrouse nun sillón de coiro que estaba enfronte do televisor.

xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx

servido por beafeijoofdez sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de beafeijoofdez

Unha aprendiz máis na Publicidade

ver perfil »
contacto »
Boas, son Beatriz, Beuchi para os amigos. Teño 18 anos (case 19), son de Orense (a moita honra), pero resido en Vigo. Estudio Publicidade e RR.PP na Facultade de Pontevedra. A miña nova afición: o blogging, pero sen excesos; xa sabedes, os extremos son sempre malos (xa o decía Aristóteles). Free Hit Counters
Free Hit Counters Subscribe with Bloglines ecoestadistica.com

Fotos

beafeijoofdez todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera