As cousas nunca son o que parecen (Parte V)
- Dígame por que quere falar coa xuíza........ –
- Por un asunto do ano 2001 –
- Pero en que orde de cousas –
- Por un caso pechado. Quero que se reabra –
- Verei se pode atendelo, sr................ –
- Anxo Barreiro –
- Agarde aquí, sr. Barreiro –
Anxo viu como o secretario entraba no despacho da xuíza. Momentos despois, o subalterno permitiulle acceder dentro.
- Ola Sr. Barreiro, ¿en que podo axudalo? –
- Bos días señoría. A grandes trazos veño a informarme sobre un caso xa pechado –
- ¿Podía vostede especificarme máis? –
- Si. Eu veño a falarlle do caso M. Barreiro –
- Recordo, tratábase dun famoso avogado de Vigo, aínda que dada a coincidencia do primeiro apelido seu e o da víctima, supoño que será parente seu –
- Sí, era o meu irmán –
- Entón, ¿que quere exactamente? –
- Que se reabra o caso, para poder investigar de maneira máis exhaustiva –
- Estará vostede de broma. Ese caso foi instruído por min... –
- Xa o sei. Escoiteme, sin ánimo de faltarlle nin de dubidar da súa valía persoal e profesional, pero creo que se lle escaparon un par de detalles –
- ¿Cales? –
- Que o meu irmán era un avogado reputado e defensor das personaxes da peor calaña desta miserable cidade, e por tanto odiado por xuíces, fiscais, e policía en xeral –
- Que era pouco querido era un feito, que non se me escapou Sr. Barreiro, de feito, hoxe dous anos despois da morte de seu irmán non lle encontro explicación. ¿Por que se ía suicidar? –
- Non se suicidou –
- Mire Sr. Barreriro, entendo a súa dor pola morte tan estrana do seu irmán, pero non hai nin unha soa proba incrimanotoria contra ninguén.
- Escoite, no seu informe di que meu irmán cortou as veas do seu pulso esquerdo, e el era zurdo Apenas facía nada coa man dereita. Só mecanografiar e cambia-las marchas do coche. O forense di que é un corte limpo, preciso. Meu irmán non podía corta-la carne cun coitelo coa man dereita sen armar un estropicio. ¿Como car.... digo narices ía cortar as veas?
- Mire, sexa como fose, eu non podo reabrir o caso. O recurso comprende ós xulgados do penal de Pontevedra, ou a Audiencia provincial –
- Señoría ...... –
- Pode chamarme Beatriz –
- Beatriz, non deixe que o seu orgullo lle impida ver que se equivocaron. Moita xente quería a Martín Barreiro morto –
- Eu non podo facer máis –
- Está ben, gracias de todos modos –
- Deica logo –
- Deica logo –
Anxo saíu convencido de que non podía facer nada nesta cidade. A verdade é que non tiña proba ningunha para incriminar a ninguén, e posiblemente nunca a atoparía.
xxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxxx

