Publicidad:
La Coctelera

Unha aprendiz máis na Publicidade

Catro anos me esperan... a ver se aprendo algo...

7 Marzo 2006

A muller na nova publicidade

Aparentemente na sociedade occidental actual, homes e mulleres gozamos de igualdade entre sexos: temos os mesmos dereitos, imos á universidade, traballamos… pero esa suposta igualdade non é tal na práctica e moito menos no sector da publicidade na que se empregan imaxes estereotipadas que amosando uns comportamentos da muller levados ó extremo co agravante de que en ocasións vóltanse denigrantes vulnerando a dignidade da muller.
Coa xa mencionada incorporación da muller ó ambito laboral e a súa paralela autonomía e maior decisión na economía (maior decisión na compra de vivenda, dun automóbil...) determinou unha ampliación do target cara as mulleres con decisión e capacidade económica. Os publicitarios dánse conta de que non se nos pode tratar como un bloque homoxéneo facendo que sexa necesario unha diversificación de comportamentos, actitudes e opinións.
Sen embargo a publicidade tende a minimizar á muller e “exhibila” nos anuncios como un ser con menos posibilidades de desenvolvemento persoal ademais de alabar determinados estilos de vida. O corpo feminino e a muller como obxecto sexual seguen sendo o prato forte de axencias e clientes, que por motivos conservadores ou falta de creatividade non se atreven a dar un paso máis alá. A prensa, a radio e a televisión reflexan os valores e estereotipos que dominan á sociedade así que non sirve de nada botarlle á culpa ós anuncios, pois limítanse a reproducir roles da propia realidade. Hai que engadir que os publicista comezan a tratar á muller doutro xeito, pois decátanse de que hai moitas traballadoras independentes economicamente e con alto nivel adquisitivo. Pero de momento tan só un 17,7% dos roles femininos se asocian a traballadoras, sendo a maioría a muller considerada como obxecto sexual o que amosa que a pesar de ir incorporándose novos roles vai moi lentamente e pegados a visións tradicionais.
He aquí un exemplo de publicitar unha marca usando a muller como mero obxecto sexual. A forma é novidosa, pero a esencia é moi coñecida por todos.

Neste caso, é unha empresa de publicidade neorquina, NightAgency, ofrece un novo servizo publicitario, o Ass-Vertise: consiste basicamente en que unha modelo en faldita se agache nun evento para amosar publicidade nas súas bragas.
Pois ben, ós de Kodak non se lles ocorre mellor idea que usar este tipo de publicidade nunha feira de Kiev (Ucrania).

servido por beafeijoofdez 1 comentario compártelo

1 comentario · Escribe aquí tu comentario

publi

publi dijo

¡No soy un objeto! ¡ No soy un objeto! No vuelvo a comprar en mi vida una cámara Kodak. Lo juro.

29 Mayo 2006 | 09:06 PM

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de beafeijoofdez

Unha aprendiz máis na Publicidade

ver perfil »
contacto »
Boas, son Beatriz, Beuchi para os amigos. Teño 18 anos (case 19), son de Orense (a moita honra), pero resido en Vigo. Estudio Publicidade e RR.PP na Facultade de Pontevedra. A miña nova afición: o blogging, pero sen excesos; xa sabedes, os extremos son sempre malos (xa o decía Aristóteles). Free Hit Counters
Free Hit Counters Subscribe with Bloglines ecoestadistica.com

Fotos

beafeijoofdez todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera