Publicidad:
La Coctelera

Unha aprendiz máis na Publicidade

Catro anos me esperan... a ver se aprendo algo...

7 Marzo 2006

O SOLIPSISMO E A CONSIDERACIÓN DA COMUNICACIÓN COMO CIENCIA.

Descartes, máximo representante da corrente racionalista no século XVII, plantexouse a seguinte cuestión: ¿como avanzar con seguridade no camiño do coñecemento? Recoñecía os moitos erros que ó longo dos séculos foran presentados e defendidos como verdades incuestionables (a planitude da terra). Agora ben, dado que a razón humana é unha ferramenta valiosa e eficaz (como o demostraban os avances científicos da época), entón, se a razón humana é a mesma, ¿por que se pode facer progresar as ciencias naturais e non as outras ciencias? A resposta de Descartes é a seguinte: físicos e matemáticos teñen un método que lles permite a seguridade no coñecemento, pero eses outros saberes carecen dun método adecuado. Para superar esta carencia, Descartes propón un método eficaz para dotar á razón humana dun criterio de verdade inapelable. Descartes está convencido de que, así como os xeómatras realizan as máis sinxelas ou as máis complexas demostracións sen ningún erro, o home, sempre que utilice o mesmo método, obterá o mesmo resultado que os xeómatras en calquera área de coñecemento.
No “Discurso do método”, Descartes establece as regras fundamentais que se basean fundamentalmente en non aceptar nunca nada como verdade sen coñecer evidentemente que o fose; é dicir, evitar coidadosamente a precipitación e non incluír nos meus xuízos nada máis co que se presente claro e distinto. Polo tanto, segundo Descartes, o máis sensato é cuestionar absolutamente todos os coñecemento recibidos e ir en busca de verdades indubidables: é a súa famosa dúbida metódica. Así pois, nada escapa a este método. Pero a súa dúbida é un paso que se dá coa esperanza de encontrar despois unha verdade indubidable. E, certamente a dúbida cartesiana autosupérase: cando dubido, penso e a acción de pensar implica a existencia dun ser que pensa. Se estou pensando, entón tamén estou existindo: penso, logo existo (cogito ergo sum), esta vai ser a primeira verdade evidente, clara e distinta que xustifica a existencia dun eu pensante diferenciado do corpo.
Sen embargo, o plantexamento cartesiano ten un problema que arrastramos ata os nosos días: o eu que pensa pode dar razón do “eu” pero non do “outro”. O “eu” cartesiano é un “eu” só, non pode dar explicación acerca do outro; así a filosofía cae no solipsismo. Esta situación podo aceptala (que vai en contra da propia teoría) ou evítoa non dando razón ó alleo. Pero hai que ter en conta que a comunicación non pode admitir este solipsismo, pois se o acepta, ela mesma non existiría, pois como interacción que é para o intercambio de siginifados, precisa do outro para se levar a cabo.
Edmun Husserl, representante da corrente fenomenolóxica tenta pór solución a este problema que supón o solipsismo para a comunicación. Na súa obra “Meditaciones cartesianas” somete a famosa dúbida cartesiana e o cogito ergo sum a dúbida. Descartes deixaba fóra o mundo da trascendencia (alma, Dios…) e a realidade máis sinxela e interesante como a realidade da vida cotiá que non necesitamos razonar porque sempre se da. Para Husserl a vida cotiá é a verdadeira realidade e do que un non se pode fiar é do cógito ergo sum. Así, dando validez ó coñecemneto do sentido común, o que era un problema deixa de selo.
O que tamén é necesario destacar é que se non se segue a dúbida metódica, ese saber non alcanza o rango de ciencia. Polo tanto, como a comunicación non pode aceptar o solipsismo que se plantexa, segundo Descartes a comunicación non é ciencia ademais de que nestes saberes sociais e humanísticos nos que se inclúe a comunicación é difícil a aplicación das leis da natureza (fundamento do razonamento científico nas ciencias naturais) e a súa materia de estudio non son exclusivamente obxectos físicos medibles, senón construcción mentais o que engade aínda máis dificultades á hora de plantexar o concepto de ciencia que se herdou da Idade Moderna á comunicación.
No libro “Teoría de la comunicación: una propuesta” de D. Manuel Martín Algarra conclúe que a ciencia non pode contradecir o que o sentido experimenta na vida cotiá. As explicacións da ciencia deben ser compatibles co sentido común, posto que a ciencia é a explicación da realidade, non unha construcción allea a ela que só conduce a un solipsismo sen saída lóxica. Poderíase dicir que a Teoría da Comunicación é unha ciencia postmoderna, pois a comunicación posúe un obxecto de estudio concreto e unha características que a definen esixindo o abandono do paradigma cartesiano de ciencia.
Por último engade que un método, por racional que sexa, se leva a rexeitar algo que resulta evidente para o home común, hai que desestimalo como inapropiado, non a evidencia da nosa razón.

servido por beafeijoofdez sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de beafeijoofdez

Unha aprendiz máis na Publicidade

ver perfil »
contacto »
Boas, son Beatriz, Beuchi para os amigos. Teño 18 anos (case 19), son de Orense (a moita honra), pero resido en Vigo. Estudio Publicidade e RR.PP na Facultade de Pontevedra. A miña nova afición: o blogging, pero sen excesos; xa sabedes, os extremos son sempre malos (xa o decía Aristóteles). Free Hit Counters
Free Hit Counters Subscribe with Bloglines ecoestadistica.com

Fotos

beafeijoofdez todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera