Categoría: SIMS 2
14 Junio 2006
En la página oficial de los Sims 2 en España (pincha aquí) se pueden encontrar unas descargas para crear un ambiente de Mundial también en el juego. POr ahora ofrecen unos equipajes y un que otro accesorio. Han informado de que ofrecerán mas descargas, por ahora sólo están estas disponibles.
Hasta a los juegos llega la pasión por el mundial!
Por otra parte parece ser que llegarán más expansiones; una sobre objetos de "Glamour" y otra de mascotas durante los meses de verano. Para más información, pinchar aquí.
servido por beafeijoofdez
3 comentarios
compártelo
14 Junio 2006
25 Abril 2006
Como estudiante de Publicidade que son (a pesar de estar aínda en Primeiro de Carreira)e por ser seguidora do xogo, fixen para unha asignatura (Teoría Xeral de Imaxe) un anuncio dos Sims. Antes de nada quero dicir que parece un pouco "pobre" pois son imaxes fixas. Que conste que un dos requisitos do proxecto (facer un anuncio secuencial) era a non utilización de vídeos.
Feito no Movie Maker con ferramentas máis básicas, penso que o "salvable" do anuncio é a música que lle puxen, emotiva é; copio simplemente do que vexo na televisión: no anuncio non te fixas pero cada vez máis hai máis búsquedas por Internet de músicas de anuncios.
Queren que a publicidade se considere unha ampliación dos minutos musicais! Unha nova EsTrAtExIa.
servido por beafeijoofdez
3 comentarios
compártelo
25 Abril 2006
Un día buscando por Internet un lugar novo para descargarme obxectos novos para os Sims, decateime dunha web na que ofrecían unhas pequenas historias protagonizadas polos Sims; foi en www.decorgal.com, no que ademais de "downloads míticos (roupa, xenética, obxxectos...) ofrecían pequenos cortos protagonizados polos sims. Creo (non estou segura) que existe un programa especial para facer iso; se alguén o coñece que me escriba porque me gustaría probar.
Colgo aquí un vídeo desta páxina (Strange and beautiful)que me pareceu o mellor, ou polo menos o máis emocionante de toda a colección que ten. Visiten a páxina, non ten desperdicio.
servido por beafeijoofdez
2 comentarios
compártelo
24 Abril 2006
Visitando determinadas páxinas encontreime coa cuestión de que unhas lle rouban os “meshes” a outras o que vai derivar en que moitas deles cerren as descargas gratuitas. Xa encontrei exemplos: un é a páxina www.hnote.net na que se ofrecían roupas moi “fashion” para os sims masculinos que cesou a súa producción por este motivo: outra é www.xmsims.com que denunciou o roubo que está sufrindo no seu Home.

Non sei o porqué desta situación, penso que a esencia de que haxa “downloads” en Internet sexa para facer máis amena a partida, a min que máis me da se o mesh é creada por un que por outro! Así que o que hai que facer é que se ti queres facer un “recolor” e ofrecelo na túa web, deberías darlle o mérito aquel que leva o traballo de facer o “mesh”. Exemplo disto é www.Modthesims.com que te remite á páxina que realizou a creación.
Sexamos sinceros, por favor, roubar creacións non é ético! Imos chegar ó punto de que vai haber que patentar as ideas para que desapareza isto!
servido por beafeijoofdez
2 comentarios
compártelo
24 Abril 2006
Xa non é suficiente que aproximadamente cada seis meses salia unha nova expansión: Os Sims Universitarios, Os Sims Noctámbulos, Os Sims Abren Negocios cun prezo aproximado de 30€; agora toca turno dos CD´s con accesorios cun prezo de 15€ (a metade das expansións)
O pasado 19 de abril saíu á venda o primeiro Sims con accesorios no que obviamente fai falla ter o primeiro Sims que custa uns 60€. Aquel que teña por costume ter todo o referente ó xogo non dubidará en mercalo; non obstante, hai que ter en conta que gastamos 15€ por cen obxectos que podemos conseguir por Internet grazas ás aportacións de numerosos usuarios (desde aquí fago mención que se alguén sabe de como crear obxectos para ofrecelos na rede, que me guíe pois gustaríame contribuír)

Esta nova iniciativa pódese considerar unha nova estratexia de Maxis para manternos enganchados ó consumo dos Sims (pois en ocasións pode chegar a aburrir) con pequenas actualizacións? Hai que recoñecer que fai ilusión que cada certo tempo saia algo novo do teu xogo favorito, aínda que sexan 60 simples obxectos (pois eu xa merquei a “expansión”)
servido por beafeijoofdez
4 comentarios
compártelo
24 Abril 2006
De novo volvo plantexar a seguinte pregunta que a do post anterior: aportación dos usuarios para que poidamos controlar “a vida de personaxes famosos” ou promoción??
En determinadas páginas web dos Sims, www.hnote.com e www.modthesims.com podemos encontrar personaxes mundialmente famosos para descargar; archicoñecidos actores: Brad Pitt e Angeline Jolie (sobre todo desde que se coñeceu o seu romance), Richard Gere, Keanu Reeves, Tom Cruise, Cameron Diaz... modelos, Naomi Campbell, Cristina Lima, cantantes...







Sen embargo, de novo na páxina oficial dos Sims en España encontrei a un grupo español que si utilizou o xogo para promocionarse; ata o punto de un dos seus videoclips parece unha partida de Sims: si estou a falar de Andy & Lucas coa súa canción Mi Barrio. Paréceme que isto si que se pode considerar que os Sims é un bo medio para chegar ás máis novas!!
servido por beafeijoofdez
8 comentarios
compártelo
23 Abril 2006
Como xa expliquei no post anterior o que era o product-placement, agora podémonos centrar nos videoxogos, mellor dito nos Sims.
A cousa está ben clara: que é o que lle rouba tempo á televisión na xente nova (de 10 a 20 anos aproximadamente)?? A resposta é ben sinxela: o ordenador; ou ben en Internet (para iso xa hai un despliegue publicitario neste medio) ou ben xogando (está ben, pode haber un pequeno porcentaxe que estea traballando).
En consecuencia, os videoxogos convertíronse no novo vehículo de “amosarnos” os produtos a través dos nosos personaxes virtuais que controlamos.
Exemplos que encontrei en Internet son:
- Na última versión do CSI, coa tarxeta VISA
- En Tomb Raider, co uso do famoso Jeep
E, nos Sims? Desde a miña experiencia podo afirmar que os meu personaxes, poden vestir de marca: Nike, Adidas, Lacoste,. Ralph Lauren, Pepe Jeans... ou os famosos tenis Puma, Converse... ata a euforia dos deportes como o fútbol e a Fórmula 1 chegan ó xogo.

E, desde que Maxis sacou a segunda expansión (Los Sims 2, Noctámbulos) na que os Sims poden andar en coche, non é raro que poidas acceder a un Mercedes, a un BMW, a un Fiat, a un Audi, a un Porsche, a un Mini, a un New Beeatle...




Por último, cabe aclarar unha cousa: pódese considerar a isto product-placement se son os usuarios do mesmo xogo que mediante ferramentas de creación fan que a vida dos nosos Sims se asemellen á realidade? Os elementos das fotografías son descargas de www.modthesims.com e www.vitasims.com. Non obstante, dou fe de que hai algúns de que si, un exemplo claro é o de Fiat, no que a páxina oficial dos Sims ofrecía a descarga.
servido por beafeijoofdez
sin comentarios
compártelo