Publicidad:
La Coctelera

Unha aprendiz máis na Publicidade

Catro anos me esperan... a ver se aprendo algo...

Categoría: Asignatura deseño

27 Marzo 2006

Unha nova actividade

Como nos quedou claro na semana pasada, non somos periodistas, ni escritores, nin artistas, nin publicistas (que é para o que estamos estudando), o noso labor é outro.

Ata agora, algúns de nós adicámonos a colgar posts sen percatarnos ou sen preguntarnos previamente se o que estamos a ofrecer é de interese para os lectores. Como saber se o que estamos falando non foi mentado aínda mellor noutro punto da rede) De aí a proposta da nova actividade.

Acabouse o escribir sen "ton nen son" (sen ofender a ninguén), agora mesmo o noso punto de partida é o encuadre de enlaces. O noso obxectivo baséase en atopar boas referencias en torno ó tema que nos interese (a min particularmente o cine). Para iso é necesario adscribirse a un agregador: hai varios, feed Burner, delicious, feedness, bloglines... O noso labor basearase en seguilos de cerca (se actualizan, se están subscritos a moitos blogs, cousa que é boa porque os seus temas serán en verdade bos referentes do tema que se quere tratar no blog en particular (claro sen repetir o que eles din que é o primordial da actividade: ofrecer algo novo ós internautas)

É a segunda parte da materia, a ver que tal esta segunda experiencia... un novo reto para os alumnos de 1º Publi! ÁNIMO e saúdo a todos.

servido por beafeijoofdez 4 comentarios compártelo

27 Marzo 2006

Reflexión "en alto"


Neste momento é cando un se plantexa se a bitácora é de agrado ou non. Como ben se pode observar, adiqueina principalmente a temas de clase (salvo algúns), a colgar aquilo que se "esixía" en clase.

Foi a actividade que entendín, podo estar equivocada, pero eu ofrezo a miña "libreta virtual de Deseño", de tal xeito que comparto os meus apuntes co resto dos compañeiros.

servido por beafeijoofdez sin comentarios compártelo

27 Marzo 2006

Comunicación interpersonal

Na clase do pasado martes a pregunta que máis me inquedou é se a comunicación interpersonal é sempre comunicación.

Primeiramente, que se entende por comunicación? Proceso mediante o cal un actor lle tranmite información a outro e este é capaz de interpretar e ata responder a esa mensaxe.

En canto o termo interpersonal refírese a relación entre o ti e máis o eu (interacción¿?) o que teoricamente a resposta duns e doutros non está previsra derivando na situación de que moitos a consideran un anti-estilo pois carece de estrutra como a oratoria.

Agora ben, plantexo aseguinte cuestión ¿na relación interpersonal sempre hai comunicación?

Como di no libro de Martín Algarra, Tªs de la Comunicación, una propuesta, a linguaxe, un sistema de símbolos (non o único) a través do que nos comunicamos, é limitado, xa non podemos expresar xa coa perfección innata a idea inicial que nace na nosa mente; polo tanto, xa hai unha perda de información: a mensaxe dun principio xa non é a mesma que recibe o noso interlocutor, iso se entende a devandita mensaxe, porque non se pode negar que en ocasións o emisor non logra o seu obxectivo, contactar co receptor, non habendo deste xeito, pois, comunicación. Neste aspecto deixamos aparte aspectos externos que dificulten o proceso de difusión da mensaxe, como as interferncias, o ruído, o estado do medio que empregue (tamén hai que engadir que dependendo do medio utilizado o nivel de comprensión será maior/menor)...

Por último, non hai que esquecer a intención dos actores: a MENTIRA é unha realidade tanxible que evita a comunicación, xa que non se estaría facendo unha verdadeira interpretación da realidade.

Moitos no debate sobrevaloraron a comunicación interpersonal engadindo que foi a primeira forma de comunicarse do ser humano, entre o eu e o ti, sen embargo, non se debe esquecer que na prehistoria, o humano, debido as súas limitacións, actuaba en grupo, polo tanto aa comunicación sería grupal/organizacional cun líder que guiaba á manada.

En conclusión, quero rematar dicindo que sempre que haxa relación interpersonal non ten porque haber comunicación; tamén cabe a posibilidade de que non haxa nada que comunicar... en cantas parellas ocorre iso: non se debe esquecer a famosa frase

"Es que no hay comunicación, cariño, no hay comunicación"

servido por beafeijoofdez 1 comentario compártelo

20 Marzo 2006

Evaluación das bitácoras

Primeiramente é necesario aclarar que para min, polo menos, é unha experiencia nova isto de desenvolver unha bitácora, e como todo primeiro proxecto ten fallso, carencias... recoñecendo que todo é debido a unha inexperiencia, ninguén nace aprendido.

Teño que confesar que o proxecto, a nivel persoal, é custoso pois precisa dunha gran adicación de tempo, que teño que recoñecer que nun principio non lle adiquei, polo tanto haberá unha pequena carencia de estruturación, forma...

Tamén hei de engadir que me resultou duro adaptarne a este innovador proceso de traballo: nunca tivera un lugar na rede onde expor os meus traballos.

Nunca souben como funcionaba este proceso, por iso nos primeiros posts hai unha carencia de hipertexto e moi extensos, algo que hai que evitar en Internet, porque a vista cánsase logo á hora de ler na pantalla do ordenador, Non obstante, como é de bos aprendices mellorar, non últimos posts xa coloquei varios enlaces e de tamaño reducido.

Polo tanto, conclúo que a entrada vai mellorando, pero aínda queda moito camiño por diante. Así, desde aquí comprométome a seguir un paso máis constante (certo compañeiro recomendoume que hai que actualizar o espazo a lo menos 2 ou 3 veces na semana) para facer un blog atractivo, digno das visitas dos internautas: hai que ter en conta que as imaxes e as noticias curiosas captan o interese do público, sobre todo a imaxe curiosa! (a combinación de ambos)

Este labor xa o logrou compañeiros de clase como Laura que realizou por agora un bo proxecto facendo o seu blog, desde o punto de vista formal moi atractivo e, o de Gabriel cunhas reflexións e comentarios de temas actuais e interesantes.

Para concluír, como outro paso para mellorar esta bitácora, tentarei buscar noticias innovadoras, para iso terei que por en conta o novo proxecto do profesor Martí, buscar enlaces estratéxicos!! ESTOU DECIDIDA A CAPTAR ADEPTOS!

Xa o di o dito “Quien la sigue, lo consigue!” Ánimo e saúdos a todos.

servido por beafeijoofdez sin comentarios compártelo

20 Marzo 2006

O Periodismo, unha carreira con saída?

Como xa apuntou moita xente nos seus blogs, a clase do pasado martes impactounos a todos un pouco: chegounos a información a través do profesor Martí que empresas internautas andan buscando personal para ocupar postos de xestión de información e non os encontran. E logo todos eses periodistas, técnicos deseñadores que andan botando currículums en todas as empresas existentes non sirve? Como mencioniou a miña compañeira de clase Laura María ou hai unha falta de comunicación entre ámbolos sectores (pouco probables) ou este excesivo ofrecementos de postos é un tanto quimérico escondendo algo descoñecido para nós na escuridade (posiblemente sexa o feito de que non queren pagar excesivos salarios: a un licenciado hai que atribuílo en maior grao que a outro que non teña ningún título universitario)
Esta situación dáse pola afluencia dos blogs corporativos, tomemos como referencia LastInfOO e Weblogs SL, nos que na súa plantilla non hai un só periodista, un só deseñador, nen un mísero técnico.

LastInfOO é un “periódico-online” pero sen periodistas, como xa se mencionou, que se actualiza cada minuto todos os días do ano. Póñenlle o nome de periódico pero na realidade é unha máquina que está programado para concentrar toda a información dun determinado tema. É moi barato, pois só hai que manter a unha simple máquina e é efectivo, pois empresas como Sanitas xa contan cos seus servizos. Resumindo aseméllase a un buscador (google, yahoo) onde pós unha palabra clave e aparécenche todos os temas relacionados. Como ocorre en todos os buscadores, cólase moita información que ó usuario non lle interesa, non tendo tempo este de revisar todos os posts, porque dito coloquialmente, non acabaría na vida; esto derívase, como xa se mencionou, pola inexistencia de profesionais que seleccionen a información.

En cambio, Weblogs SL utiliza xa a xente de carne e oso para xestionar os k-blogs (blogs dentro dun mesmo organizados por coñecementos, seccións: cine, motor, economía actualizados cada día) que ofrece este blogger. Neste caso non só xestionan a información senón que elaboran a súa propia información. Sen embargo, tampouco contratan a un periodista, prefiren xente nova que se “navegue como peixe pola auga” a través dos blogs.

LastInfOO e Weblogs Sl son dúas estratexias empresarias bastante innovadoras, pois o seu negocio está sustentado no medio de comunicación do século XXI por excelencia: Internet; pero cal das dúas perspectivas triunfará? Obxectivamente creo que converxerán pois LastInfoo precisará de persoas de carne e oso para xestionar, selecionar esa excesiva información que a “máquina” busca e Weblogs precisará dunha desas “máquinas” pois os seus empregados non son robots e non poden traballar 24 horas do día actualizando os k-blogs.

Non obstante, desde a miña opinión prefiro Weblogs SL xa que polo menos empregan persoas de carne e oso, dándolle traballo a xente a pesar de que non sexan periodistas, que para ó meu ver tiñan que desempeñar ese traballo, senón para que estudaron 5 anos?

servido por beafeijoofdez sin comentarios compártelo

20 Marzo 2006

Weblog, novo xénero?

En 1º lugar, podemos definir blog como micro-publicación colaborativa. Neles pódese atopar de todo. Non é un sitio web común, tampouco responden á definición de publicacións periódicas. Con todo, toman certas características deles.

O weblog ou bitácora, explota comunicativamente un dos atributos máis rescatables de internet. Non son produtos illados forman parte dun océano da rede, manteñen un enlace hipertextual que pode chegar ao infinito e ata obter un retorno. (Para unha definición obxectiva de weblog: wikipedia.org/wiki/Weblog)

O fenómeno Weblog é algo máis aló de ser o diario persoal de quen o publica, pasando a un ensaio de xornalismo teórico-práctico, con bos resultados en certos caso), chegando a ser ferramenta de grandes corporacións e sitios web (Google, Yahoo!).

Hai que engadir que periodisticamente non responde ás regras da prensa tradicional, pero parece ser punta de lanza de novos estilos do xornalismo do século XXI.

Por outra parte, pódese considerar o weblog un pasatempo? Posiblemente os seus autores, de acordo aos temas tratados nas súas bitácoras, música, fotografía, libros, deportes, xogos, entre máis, desexan reforzar un pasatempo regular para eles. Por unha banda, pero por outra banda, o pasatempo lévano a unha actividade regular ou á formación dunha empresa. Non hai máis que visitar www.WeblogsSL.com coas súas sección verticais.

Tamén é necesario mencionar que cando un Blog publica un texto con algunha opinión ou información relevante, os lectores revisan o artigo e se entre eles atópase o editor doutro weblog, el pode tomar a decisión de ampliar, comentar ou criticar o publicado por ese Blog. Esta interacción dun Weblog a outro, sen coñecerse, discuten a través dos seus medios, o tema. Pero iso non se limita a dous autores, un terceiro e así ata o infinito, pode retomar a discusión. Desde logo os visitantes deses sitios, poden seguir todas esa cadea de retroalimentación, dando clic a cada liga.

En canto, que características ten un blog? Un Blog ten a identidade do seu creador. A individualidade de cada sitio de Bitácora está máis suxeita ao propósito comunicativo da persoa, contrario ao que pode pensarse dun medio de comunicación tradicional.

Atópase máis apegado ao pensamento ou marco de referencia dos seus autores, ás súas regras, aínda que para o Blog, as regras son que non existen, salvo as acordadas tacitamente pola Blogosfera dos seus membros. Pero estás regras, atópanse maiormente dedicadas a cuestións técnicas, de usabilidade do sitio, posiblemente de deseño, pero non en canto ao contido.

Se somos estritos en aplicar regras do xornalismo contemporáneo, aquí non aplican necesariamente. Punto polo cal os seus críticos os atizan. Con todo, o chamado xornalismo cidadán, exenta deses formalismos ao individuo que presenta información de primeira man aos medios tradicionais ou nun Blog.

¿Como xa se dixo anteriormente, o autor publicará o que a conciencia cre debe publicar. Non sempre hai un labor de reporteiro, de observador que decida dun evento que se publica e que non. Regularmente prevalece a opinión. (nunha opinión a censura non ten sentido)

Como en calquera medio, pero aínda máis en Internet, pois non hai un control exhaustivo do mesmo, pode conter datos imprecisos ou que induzan ao erro dos seus lectores, pero as ferramentas de defensa e contraataque atópanse dispoñibles.

Para finalizar este escrito, cabo resaltar que malia as características que ten internet para poder participar nun debate publicado por calquera Blog, non pode crecer mentres non se abandone a cultura da unidireccionalidade á que se nos afixo durante o século XX.

Os medios tradicionais, emiten a información, pero o público non tiña a posibilidade directa de debater un tema en particular. Agora, os novos consumidores ven con estrañeza o área onde poden escribir a súa opinión e coñecer as dos demais aumentando o seu campo de coñecemento.

O que hai que destacar é como o Weblog representa ese novo foro de expresión e relación dos seus autores cunha comunidade coa que comparte as súas ideas para crear unha retroalimentación que poida crece como bóla de neve en beneficio dos lectores da web.

servido por beafeijoofdez 520 comentarios compártelo

20 Marzo 2006

Comparación entre La Voz de Galicia impresa, www.LaVoz.es e www.blogdecine.com

Como reflexión da clase práctica do pasado martes de Deseño, procederei a facer unha pequena comparación entre a Voz de Galicia en soporte papel, en soporte dixital e dun diario bloggero de cine que visito con asiduidade www.blogdecine.com

En primeiro lugar, a Voz de Galiciaimpresa que ofrece as seguintes características:
- un menor cansazo á hora de ler; non tes que estar pendente dunha pantalla dun ordenador que cansa a vista ademais no que a lectura tende a sufrir pausas pois o lector pérdese na observación
- formato coñecido por todos, a disposición das noticias é predicible
- amosa imaxes ó lado de cada noticia
- cercanía: ofrece noticias que ocorren no ámbito (máis se se acada a edición da bisbarra)
- ofrece unha panorámica do que aconteceu no mundo o día antes.
- Ven acompañado dunha portada onde resalta as noticias importantes do día
- Da traballo non só o que xira en torno a redacción, senón ás imprentas, a distribución, ós kioskos...
- obxectividade na información
Como contraposición, podemos engadir:
- o usuario ten que pagar para lelo
- está desfasado: ofrece noticias xa do día anterior
- para conseguilo hai que desprazarse
- excesiva importancia a temas políticos, nacionais... (pouco interesan ós novos)

En segundo lugar, destacamos a Voz en dixital no que hai que destacar:
- actualizacións das noticias cada pouco
- acceso gratuíto e libre
- disposición das noticias de forma intelixente (arriba na páxina noticias importantes tanto por cercanía ou por impacto; ademais nesa portada ofrecen sempre a imaxe cambiante dunha nova curiosa)
- menú por seccións o que permite un fácil acceso (cun só click)
- interacción a través de temas propostos, foros , debates...
- hemeroteca virtual
- cercanía (o tempo da nosa cidade, a cartelera dos nosos cines...)
- hipertexto: referencia a outras páxinas web
- obxectividade na información
Sen embargo, ofrece as seguintes desvantaxes:
- na redacción coas noticias grande semellanza co papel: noticias moi largas que cansan ó lector
- excesivo vínculo en distintas ventanas saturando o ordenador do usuario: esta situación é debida a que cantas máis páxinas vistes da web, máis beneficio
- pouca calidade como páxina web (poucos servizos interactivos): limítase, como xa se mencionou, a foros, pequenos debates...

Centrándome nesta ocasión no blog que suelo frecuentar www.blogdecine.com quero citar as vantaxes que me ofrece:
- principalmente un tema que me interesa
- ó ser un formato estritamente electrónico ten ben asimilado o mesmo. Así ofrece vínculos acertados de información ou complementación; neste caso , por exemplo cando fala da estrea da película española “Volver” de Pedro Allmodóvar, o redactor remite ó lectro a outra dirección web onde se explica perfectamente a sinopse do film
- linguaxe coloquial: sinxelo de entender
- debido a experiencia no medio: deseño sinxelo: ó alcance de calquera usuario
- 100% actualizada: noticias do tema totalmente recentes, ata o punto de ser os primeiros. Por exemplo, neste momento estase a celebrar o festival de Málaga o que se segue desde esta páxina pormenorizadamente
Non obstante hai que recoñecer:
- monotemático: unicamente se trata o tema do cine
- como consecuencia, perigo de caer na repetición
- debido ó seu éxito, algunhas veces saturada a entrada ó blog
- céntrase en películas coñecidas a nivel xeral, pouca atención a aqueles films minoritarios
- os artigos non aparecen ordenados por importancia temática

Por último, gustaríame aclarar que o feito de que os blogs (ata certo punto diarios dixitais) non empregan periodista, nin deseñadores, nen técnicos... decántanse por xente nova con experiencia bloggera reducindo a expresión, ó meu parecer, a un comentario máis dunha persoa en particular (neste caso dun traballador dun blog). Por iso, a pesar das súas vantaxes, non podo considerar no mesmo nivel que a un diario dixital (máis profesionalidade) pois este dispón de periodistas, técnicos, deseñadores que requiren cinco anos de formación para acadar un título e ser despois desbancados dos seus postos do traballadores por unha mocidade que unicamente coñece o funcionamento dun blog. Xente que leva estudando toda a vida tamén pode aprender. A partir dese momento, ó mellor poderase falar de blog – diario dixital

servido por beafeijoofdez sin comentarios compártelo

14 Marzo 2006

O Hipertexto

As ferramentas que teñen unha gran variedade de funcións poden supor un grande beneficio e unha boa experiencia ó usuario. Sen embargo, se este non é capaz de utilizalo adecuadamente,ocorre que ata non se poidan utilizar as funcións básicas. Algo así ocorre coas páxinas web e co Hipertexto en particular,

O deseño do concepto de Hipertexto, intuido por Vannevar Bush (1945) e acuñado por Nelson (Villa, 2004), e a súa posterior implantación na web inspírase en: línea, salto, novo salto, ideas paralelas, volta á primeira idea, idea relacionada… Esta forma de pensar é complexa e, por tanto, tratar de representala implica certo grao de complexidade.

servido por beafeijoofdez sin comentarios compártelo


Sobre mí

Avatar de beafeijoofdez

Unha aprendiz máis na Publicidade

ver perfil »
contacto »
Boas, son Beatriz, Beuchi para os amigos. Teño 18 anos (case 19), son de Orense (a moita honra), pero resido en Vigo. Estudio Publicidade e RR.PP na Facultade de Pontevedra. A miña nova afición: o blogging, pero sen excesos; xa sabedes, os extremos son sempre malos (xa o decía Aristóteles). Free Hit Counters
Free Hit Counters Subscribe with Bloglines ecoestadistica.com

Fotos

beafeijoofdez todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera